A maleta, que levar?
- 5 mudas de roupa interior (bragas, calzoncillos, calcetíns,...)
- 5 camisetas (ou camisas)
- 3 pantalóns
- sudadeiras ou xerseis,...
- pixama
- gorra
- zapatillas ou zapatos (imos andar bastante polo que o calzado debe ser cómodo e usado para evitar mancaduras nos pés)
- zapatillas da casa ou chanclas
- cazadora
- poncho chuvasqueiro para as atraccións de auga da Warner
- neceser: cepillo de dentes, dentífrico, desodorante, protección solar, peite,...
- reloxo
Unha mochila pequena
Para o día a día na expedición viranos moi ben contar cunha mochila pequena (a da escola non) para levar o bocadillo do primeiro día, unha botelliña de auga nas incansables camiñatas que faremos, o poncho o día da Warner,...
Bocadillo
O primeiro día comeremos en ruta polo que cada viaxeira/o deberá levar o seu bocadillo (ou bocadillos según o que coma habitualmente), bebida (só auga) e froita.
Cartos
Recomendamos non levar unha cantidade superior a 60 €. Todos os gastos da excursión están cubertos e unicamente levarán diñeiro para mercar algún agasallo de recordo, refrescarse cun xeado ou encherse a flocos de millo no espectáculo do Rei León
No hay comentarios:
Publicar un comentario