Nankurunaisa: nunca esquezas quen es e vive por hoxe e polo mañá. Que xamais se che esqueza sorrir e, por terrible que fora o teu día, lembra que o vindeiro sol te recibirá cun gran sorriso. Fai ti o mesmo.

Itinerario

Día 1 - Cidades Patrimonio 


Despois de saír ás 7:15 de Lalín, faremos a nosa primeira parada en Salamanca onde percorreremos cada recuncho do centro histórico desta cidade, declarada Patrimonio da Humanidade en 1988. Descubriremos detalles coma o astronauta ou o dragón comendo xeado na catedral, a ra na fachada da universidade, a Casa das Cunchas, desfrutaremos do ambiente na Praza Maior e aproveitaremos para xantar nalgún dos innumerables e fermosísimos parques desta xoia de localidade.

A continuación seguiremos rumbo a Ávila (Patrimonio da humanidade desde 1985) onde descubriremos de primeira man a beleza da súa muralla e nos perderemos polas rúas medievais cargadas de historia e de historias.

A última parada do día xa será no noso hotel, en Collado Villalba. No Hotel Galaico xa estivemos nalgunha ocasión anterior e sabemos ben da súa comodidade e bo trato. Seguro que será coma unha segunda casa nestes días!


Día 2 - A Capital dos Austrias

A segunda xornada estará dedicada ao descubrimento dunha zona na que os paseos de reis durante séculos marcaron as rúas polas que tentaremos adentrarnos no coñecemento da súa historia. Comezaremos o paseo nas inmediacións do Congreso dos Deputados e continuaremos hacia ese trazado medieval delimitado entre a Porta do Sol e o Palacio Real. Empaparémonos da vida do centro, de puntos emblemáticos coma o Oso e o Madroño, do ir e vir frenético na Praza Maior e das rúas aledañas, do rebulir no Mercado de San Miguel ou do esplendor do Teatro Real. Remataremos no Palacio Real onde visitaremos as dependencias que durante séculos albergaron a monarcas que, por unhas cousas ou outras, deixaron a súa pegada na historia.

Despois de xantar deambularemos pola Castellana, con parada obrigatoria no Santiago Bernabeu alomenos para facer a foto de rigor e emprenderemos a viaxe no metro ata o Parque do Retiro. Colleremos aire e forzas neste pulmón da capital para emprender unha nova camiñata na que admiraremos lugares tan destacados como a Porta de Alcalá ou Cibeles para continuar atravesando a Gran Vía ata chegar ao Teatro Lope de Vega onde nos sumerxiremos nun mundo de maxia e fantasía no musical O Rei León.


Día 3 - Paixón pola adrenalina

O terceiro día resúmese moi rápido... festaaaaaaaaaaaaa!!! Desde a súa apertura ata o peche farémonos donos absolutos das atraccións do Parque Warner e derrocharemos risos e sorrisos. Será a guinda ideal para unha viaxe na que o máis importante, máis alá de todo canto vexamos e descubramos, vai ser con quen o compartimos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario