Nankurunaisa: nunca esquezas quen es e vive por hoxe e polo mañá. Que xamais se che esqueza sorrir e, por terrible que fora o teu día, lembra que o vindeiro sol te recibirá cun gran sorriso. Fai ti o mesmo.

sábado, 3 de junio de 2023

Quentando motores...


Apenas uns días nos separan do inicio da expedición e chegou o momento de prepararnos para desfrutar dunha vivencia sen igual. Atrás quedan meses de aforro, de esforzo para xuntar os cartos, de actividades compartidas, de festivais, nervios,... e agora toca vivir o presente e deixar que o soño se faga realidade.

A través desta páxina as vosas familias poderán seguir a evolución da viaxe e agardamos poñerlle os dentes moi longos co ben que o imos pasar.

Comezamos a conta atrás para o mércores!

10... 9... 8... 7... 6...

No hay comentarios:

Publicar un comentario