Nankurunaisa: nunca esquezas quen es e vive por hoxe e polo mañá. Que xamais se che esqueza sorrir e, por terrible que fora o teu día, lembra que o vindeiro sol te recibirá cun gran sorriso. Fai ti o mesmo.

miércoles, 7 de junio de 2023

Síndrome de Stendhal



Dise da reacción de extrema emoción e intenso sentimento ao estar expostos a unha obra de arte sublime. Acelérase o pulso, síntense cóxegas polo corpo, experiméntase un nerviosismo inxustificado... e xusto iso foi o que sentimos ao dar a volta á torre da catedral e atoparnos con este pórtico! Podémosvos asegurar que as caras de asombro e ledicia eran a máxima expresión da sensibilidade duns cativos que están tendo un comportamento excepcional. Que marabilla vivir isto con eles!

No hay comentarios:

Publicar un comentario